Para aprender cantigas, danzas sinxelas e xogos cantados e bailados; para experimentar os primeiros pasos do baile tradicional e practicar diversas melodías e ritmos. Luís Prego é profesor de canto e baile tradicional e autor dos libros Para cantar e bailar e Xogos musicais.
Obradoiro de 4 anos en diante*, con Luís Prego e Samuel Soto.
Cómpre inscrición en apuntate.pontevedra.gal