Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiro de arrolos – Espazo Apego de Santiago

24/03/2021|17:30 - 18:30

De balde
obradoiro-arrolos-mama-cabra-01-e1580121325780

MÉRCORES DE FUNCIÓN!

Gloria Mosquera e Diego Maceiras, de Mamá Cabra, interpretan e apréndenlles ás familias algúns arrolos cos que adormecer, aleitar, e tamén cos que gozar da música nos primeiros días e meses de vida. O obxectivo do grupo Mamá Cabra dende o seu nacemento é o de transmitir o gusto pola música dende a primeira infancia e este obxectivo comeza nas voces das súas familias, coas que comparten estas cancións para arrolar en galego.

De 0 a 3 anos.

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades teñen un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago delingua.santiagodecompostela.galPara anotarse cómpre ir á sección de actividades, entrar na escollida, premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest