Hansel e Gretel son dous irmáns que se propoñen axudar o seu pai que quedou no paro. Aventurándose no bosque para buscar alimentos, no seu camiño atópanse cunha bruxa prestamista que se interporá nos seus obxectivos, apresando nunha gaiola o irmán para comelo e tratando de escravizar a irmá. Aparecen dous seres maxicotecnolóxicos que axudan aos nosos amigos a vencer á bruxa e rematar coa pobreza.
É unha crítica tamén á situación actual. A bruxa é unha prestamista que se enriquece endebedando os demais, e que se aproveita dos máis desfavorecidos. E todo isto en musical.
Quererás vir cantar e bailar con nós?
Día: domingo, 06 de outubro de 2019
Hora: ás 18.00 h (duración 55 minutos)
Lugar: Pazo da Cultura de Narón
Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos
Entradas:
Os prezos das entradas son:
Público xeral: 9,50€
Tarifa reducida: 6,65€ (con Carné Xove ou de estudante (ata 24 anos) e desempregad@s)
Tarifa nen@s: 5.50€ (menores de 14 anos)
Máis información na billeteira do Pazo ou no teléfono 981 102 897
Organiza: Padroado da Cultura do Concello de Narón
Máis info: https://www.padroadodecultura.es/gl/espectaculos/evento/hansel-e-gretel ou no Facebook do Padroado da Cultura do Concello de Narón.