Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Festa da Lingua en Oleiros

13/05/2018|12:00 - 18:30

image_gallery-collage

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a Festa da Lingua o domingo 13 de maio dentro do programa Apego. Será unha xornada divertida, nas Torres de Santa Cruz, con concerto, xogos e contacontos e na que se poderá gozar en familia e comer no xardín, se o tempo o permite.

– Cantacontos con Pablo Díaz (ás 12.00 e ás 13.00 horas)
Sesión de contacontos para nenas e nenos de 0 a 5 anos na que Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos/as.
Xogos e lingua en familia con Xanzá (de 16.00 a 17.30 horas)
Xogos dirixidos á promoción da lingua e á colaboración e xogo en familia.
Concerto de Lydia Botana (ás 17.30 h)
De aquí para alá é un concerto dirixido por Lydia Botana. No espectáculo cóntase a historia dunha bolboreta que nace grazas ao son de instrumentos musicais
As persoas interesadas deberán enviar un correo a lingua@oleiros.org ou chamar ao teléfono 981 610 000, extensión 4905, indicando o nome da nena ou neno, a idade, os nomes das persoas acompañantes, teléfono, correo electrónico e os espectáculos nos que queiran participar.

Detalles

Data:
13/05/2018
Hora:
12:00 - 18:30
Actividade Categories:
, ,
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Concello de Oleiros. Servizo de Normalización Lingüística
Teléfono:
981610000
Email:
lingua@oleiros.org
Web:
www.oleiros.org

Pin It on Pinterest