OS XOVES EN QUE NON HAI FUNCIÓN PASAMOS A TARDE ENREDANDO!
Espazo de entretemento activo en que se promove a socialización e a expresión verbal, xestual, corporal… manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes…
Os mércores (espazo de conciliación coa charla-obradoiro paralela) e xoves en que non hai función de 17 a 18.30 h creamos un contexto para a lingua ENREDANDO!
Para nenas e nenos de 2 a 6 anos.
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.