Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Construíndo minimundos de Gaia Ecocrianza

07/06/2019|17:30 - 18:30

De balde
Minimundos. Gaia Ecocrianza

Para conmemorar o Día Internacional do Xogo, Gaia Ecocrianza agasállanos cun ambiente rico en materiais abertos, versátiles e reais que provoquen a experimentación, a participación, a construción e a invención. Un ambiente que lles proporcionará múltiples posibilidades de elección e un alto nivel de creatividade. O obxectivo da sesión é que a crianza poida explorar os distintos escenarios e provocacións por si mesma sen interferencias. Poderanse extraer conclusións sobre:
– o modo de pensar e de expresarse das nenas e nenos,
– as súas habilidades ligüísticas e comunicativas,
– as súas habilidades no xogo: resolución de conflitos, pensamento creativo…
– os seus medos e pantasmas, que son postos en xogo

Os minimundos convidan a xogar a grandes e a pequenas, configurando espazos e tempos de concentración, atención e adentramento no mundo interior que é válido para crianzas e persoas adultas. A teoría das pezas soltas suxire que cando a un neno ou nena se lle ofrece unha ampla gama de materiais sen propósito definido, haberá máis inventiva e terá oportunidades de xogo infinitas.
A composición con pezas soltas, combinada con personaxes diversos, provoca a creación de minimundos, un tipo de xogo imaxinativo e de roles que convida as crianzas a ser imaxinativas e creativas nun contexto de xogo dramático-representativo.
O xogo de construción propón a combinación de elementos para conseguir formas diferentes que reunidas se convirten nun todo. A precisión, a atención e a paciencia, a capacidade de orientación e organización espacial así como o desenvolvemento da creatividade son algúns dos beneficios deste tipo de xogos.
Trátase dun xogo de xogos onde xuntando, engadindo, montando e desmontando se estimula a experimentación ao tempo que se descobre a capacidade de imaxinar e superar retos.

De 4 a 8 anos

Inscrición entre o 20 e o 30 de maio en dlg@santiagodecompostela.gal

10 prazas

Detalles

Data:
07/06/2019
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (As Fontiñas)
Rúa das Fontes do Sar, 1
Santiago de Compostela, A Coruña 15702 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest