Primeira sesión de dúas. A segunda é o 29 de febreiro de 10 h a 14 h.
As sesións do obradoiro Alí intercalarán actividades de sensibilización (audiovisuais, debates e outras dinámicas para a reflexión) coa presentación de materiais educativos.
Procurarase a participación activa das persoas asistentes a través de xogos, cancións e actividades que fagan as sesións amenas, ao tempo que sexan inspiradoras ou doadas de aplicar despois na aula.
Na presentación trátanse temas concretos de interese: materiais para o día a día nunha aula de infantil, recursos para celebracións concretas (nadal, samaín, entroido…) ou de utilidade para determinados momentos da vida das pequenas, como pode ser a chegada dun novo membro á familia ou o comezo do cole.
O material presentado está dispoñible no portal aliali.gal, onde se ordena segundo diferentes criterios: idade axeitada, competencias que se traballan e se se trata de texto, música, xogos ou audiovisual.
Cómpre inscrición en https://apuntate.pontevedra.gal/