A galiña azul. Monicreques con Tanxarina
Domingo 11 de marzo | 18.00 h | Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo
Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na súa ala dereita. Unha galiña moi fermosa e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais, non canta cacaracá como as demais, senón que canta cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades… Unha das compañías máis importantes de Galicia presenta este espectáculo de monicreques e actores que adapta a obra clásica de Carlos Casares e que fala da diversidade e da solidariedade.
Participación: público familiar. Reserva de entradas nas oficinas do Pazo da Cultura desde 15 días antes, ou a través do teléfono 981 704 300 (Servizos Administrativos de Cultura), en horario de mañá. Compra directa ou recollida das entradas encargadas o mesmo día do concerto, desde as 16.30 h, no despacho de billetes do Auditorio. Prezo das entradas: 2 € nen@s e 3 € adult@s.
Organiza: Concellaría de Cultura – Programa Venres Culturais. Colabora: Rede Galega de Teatros e Auditorios – Agadic (Xunta de Galicia)