Auga! En Compostela tamén podemos poñernos a remollo e gozar de actividades en galego ao aire libre que enchen estes meses de verán… animádesvos?

A proposta para xullo de agosto é moi circense, pois tanto a Concellaría de Acción Cultural como a de Centros Cívicos achéngannos un bo feixe de espectáculos de circo tanto na rúa como á beira dos centros cívicos coas “Mañás de Circo”

A Concellaría de Centros Cívicos tráenos o Circo Chosco nas súas “Mañás de Circo”, tamén a maxia de Pedro Bugarín en Mundo Máxico 3.0 e os contos de Anxo Moure n’O carballo con botas.

A Concellaría de Acción Cultural proponnos participar de Vermello estándar con Lanórdika ou dos espectáculos de Pistacatro, Vermello, Espera e Oh Olimpíadas! Tamén teremos uns días na semana do Apóstolo en que nos animaremos con diferentes espectáculos para crianzas na “Feira na eira”, así como cos Animacreques de Catropés xa no mes de agosto.

O CIAC convídanos a vivir dun xeito máis sostible cunha charla para reducir o uso de plástico e con obradoiros para elaborar bolsas de tea e xoguetes con material de refugallo. Tamén nos convida a unha ruta polo parque de Belvís.

E desde o Departamento de Lingua planificamos un ano máis quedarmos para xogar libremente na rúa un par de horiñas nas mañás do mes de agosto: A rúa é nosa! Territorio xogantín coa monitoraxe de Xandobela.

Pinta ben, verdade? Pois a gozar do verán en familia e en galego en Compostela!

Toda a información en:

http://apego.santiagodecompostela.gal/

Pin It on Pinterest

Share This