diseno-sin-titulo-31

Cada mes, o Concello de Santiago acompaña a súa programación do Apego coa edición dun xogo ou dunha proposta para entretérmonos en familia. Xa se viña facendo así desde o inicio do programa con cada oferta de actividades mais, este ano, dedicamos a integridade da publicación mensual á proposta lúdico-didáctica para imprimir e a un calendario mudo para anotardes as actividades en que vos inscribades.

Vénse de editar a correspondente ao mes de xullo cun xogo para adiviñar deportes. Hai que recortar cada tarxeta, poñelas boca abaixo e emparellar cada deporte coa súa definición. As crianzas máis pequenas poden facelo coas cartas boca arriba mentres as persoas adultas len as definicións.

Nos meses anteriores propuxéronse este enredos atemporais, cos que se pode xogar sempre que se queira, e que están dispoñibles na páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela delingua.santiagodecompostela.gal

Gozádeos!

Pin It on Pinterest

Share This