imaxe apego 2

Na pasada semana tivemos a presentación do Apego na cidade de Ourense con moi boa acollida. Numerosas son xa as peticións de adhesión á Comunidade Apego malia non termos inda distribuída a cartelería e as volantinas informativas. A distribución  polos centros de Saúde da cidade así como no Centro Municipal de promoción da Saúde comezará no mes de xullo.

Ana Garrido, foi a encargada de presentar a actividade e de animar a cidadanía a formar parte deste ilusionante proxecto. Tamén anunciou que dentro da programación permanente do Auditorio Municipal haberá un espazo para os bebés, todos os primeiros venres de cada mes.

As Festas de Ourense tamén se suman ao Apego con música, baile, maxia, teatro, contos. Pódense consultar os horarios e datas no apartado das actividades.

 

apego 3

Pin It on Pinterest

Share This