Comeza o curso e recomezan as actividades para o Apego pola lingua!

As vacacións acaban pero comezamos un curso novo con moita ilusión. As actividades do Apego son un lugar de encontro para compartir as vivencias e as emocións e vivir novas experiencias a través da lingua, así que vos convidamos a vivir un setembro de reencontros no Espazo Apego. Benvidas e benvidos de novo!

Este mes teremos dous espazos Merendolas con produtos de tempada os días 7  e 21. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas especiais para os e as máis pequechas da casa: Fran Rei o día 10 e Raquel Queizás o 17.
Todas as actividades propostas requiren inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior recibiredes un correo coa confirmación da praza, cando remate o prazo para inscribirvos.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 7. Merendolas
Inscrición
Luns 14. Movémonos con Apego
Inscrición
Luns 21. Merendolas
Inscrición
Luns 28. Experimentamos
Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en maio, por Compostela e o mundo) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 1
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 8
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 15
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 22
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 28
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 2. Xogamos coas palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 9. Fabricamos xoguetes
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 16. Imos ao patio
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 23. Xincana de palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 30. Fabricamos xoguetes
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 10. “Hamelín”, de Fran Rei (de 3 a 6 anos)

Ratos! Ratos! A cidade de Hamelín está nunha ratatombe! Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelín, na que un frautista secuestrou os nenos e nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron, as nenas e nenos da vila seguiron hipnotizadas e hipnotizados ao músico pero, unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.

Inscrición

Xoves 17. “Nano vai á escola”, de Raquel Queizás (de 0 a 4 anos)

Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequena ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto. Desta volta, Nano comeza a etapa escolar e descobre que ter personalidade e lingua propia pode ser un gran apoio nesta nova experiencia vital.

Inscrición

 

Pin It on Pinterest

Share This