O Servizo de Normalización Lingüística programou unha chea de actividades para os vindeiros meses de outono. Propostas para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos, con obradoiros, concertos, contacontos e obras de teatro para promover o uso da lingua.
As familias interesadas en acudir terán que inscribirse previamente a través da páxina web municipal, a partir do día indicado en cada actividade.
A programación comezou o pasado 21 de setembro co obradoiro de Disciplina Positiva para nais e pais, mais a partir do vindeiro 5 de outubro comeza a programación para gozar en familia.
Consulta a programación a través do seguinte enlace.tripticos-apego-outono-24