portada-folleto-apego-compostela-agosto

– Queres ser o meu amigo? / – Si, quero ir ao mar de Vigo!

No mes de agosto, o Concello de Santiago volve editar o calendario nu cunha proposta de xogo para a vosa colección.

Desta volta trátase do clásico xogo do teléfono escangallado. Xogastes algunha vez? É una actividade ben divertida para entreterse en familia. Só hai que formar una cadea sonora onde a primeira persoa da cadea bisba una mensaxe ao oído da seguinte, que lla pasa á que ten ao lado e así ata chegar ao último elo da cadea, que dirá a mensaxe en alto. As risas están aseguradas ao comparala coa mensaxe inicial!

No descargable van algúns exemplos de frases coas que comezar e coas que podedes facer unas tarxetas ben chulas, mais tamén podedes empregar as que se vos ocorran.

Os coleccionables de xogos dos meses anteriores: xulloxuñomaioabril e marzo.

Toda a información sobre as actividades e propostas para o Apego no concello de Santiago de Compostela en delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest

Share This