Novembro de Samaín, Santos, Defuntos, noite das cabazas… todos estes días lembramos o mundo das tebras e lévannos ao encontro co alén para termos presente que a morte forma tamén parte da vida.

Así, neste mes de novembro propómosvos un plan non apto para xente medoñenta: unha visita ao vello cemiterio do parque de Bonaval á noitiña!!!

Tamén vos achegamos unhas poucas instrucións para transformar a vosa propia cabaza nunha caveira terrorífica, ademais dunha chea de actividades con Apego pola lingua para gozardes en familia en Compostela.

Teremos poesía para tirar o medo e alfombra máxica para os/as máis pequenos/as, música e contos coa Banda Municipal de Santiago de Compostela, uns deliciosos 12 doces do outono e moito máis. Para non se perder, vai un calendario con moito Apego

http://apego.santiagodecompostela.gal/

Pin It on Pinterest

Share This