Festa do Apego, o 28 de decembro na praza de Armas, para gozar de música, contacontos, xogos e das historias do Apalpador
11.30 h Concerto A Voar, con Cé Orquestra Pantasma, a historia da pequena Xoana quen, movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que a súa vida mudará.
12.00 h Visita do Apalpador e o seu burriño, contando contos e historias nunha viaxe ao Caurel a través dos contos que nos levarán a mirar o mundo a través do corazón das árbores.
16.30 h Os Xogos do Paporrubio, unha chea de xogos animados da man do noso paxariño máis pequeno, o paporrubio, e outros animais da granxa.
18.30 h Alí recursos para a educación infantil. Mostra de libros, discos, vídeos, xogos e xoguetes dispoñibles en galego para a rapazada.
19.00 h A Ramona pequena vai á lúa, Concerto de Pakolas. Unha proposta chea de humor dirixida ao público familiar para que pequenas e pequenos aprendan, canten e bailen a ritmo de rock.