Para facermos moito máis amena a volta ao cole, no Servizo de Normalización do Concello da Coruña temos unha manchea de actividades que estamos preparando para este outono de 2017.

De feito, o vindeiro luns 11, a partir das 9 da mañá, abrimos a inscrición das tres seguintes:

  • Ñam!, de Caramuxo Teatro, é un espectáculo creado a partir do mundo da cociña, para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia con crianzas de 1 a 3 anos. O 26 de setembro no Ágora haberá dous pases de media hora de duración cada un: un ás 17.00 e outro ás 18.30 h. As inscricións serán nesta ligazón a partir das 9 da mañá do luns e nesta outra tedes máis información sobre o espectáculo.

  • A casa encantada de Alí é un obradoiro de Luís Prego e Fabaloba que terá lugar no Ágora o xoves 28 ás 18.30, no que achegarán ás familias participantes recursos para cantar, contar e xogar con nenas e nenos de 1 a 3 anos. As inscricións serán nesta ligazón onde tamén atoparás información sobre o espectáculo.

  • Pablo Díaz promete encher o Auditorio do Fórum Metropolitano o vindeiro 29 de setembro a partir das 18.30 horas con boa música e moita diversión cos temas do seu traballo Tic Tac Toc. As entradas gratuítas para este espectáculo, recomendado para crianzas de máis de 4 anos, poderán retirarse nesta ligazón a partir das 9.00 h do luns 11.

Isto só é un petisco de todas actividades que nos agardan durante os vindeiros meses dentro do Programa Apego. Podedes ir botando un ollo á axenda da nosa páxina web para saberdes o que nos agarda de aquí a final de ano.

Pin It on Pinterest

Share This