Animais EnCantados de Sonsoles Penadique e Chechu Riquelme en Ames

Sesión de música, narración oral e danza habitada por un feixe de animais enCantados propios da tradición galega, europea e suramericana. Todos eles están dobremente enCantados: enCantados pola súa maxia e enCantados de cantar, bailar, contar e xogar coas crianzas....

Mumáxica S.L de Iseo, a Moura, en Ames

Narración oral con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca. Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativada dun xeito fresco, visual e cheo de maxia. Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro,...

A alquimista con Cristina Collazo en Moaña

Entre pocións, plantas e libros mora acubillada Flora, unha muller que emprega procedementos experimentais e mesturas explosivas practicando a ALQUIMIA MODERNA! Aprenderedes a facer experimentos básicos e coñeceredes inventoras das que nunca oístes falar. Atrevédesvos...

O meu corpo é meu de Alba de Vales en Moaña

A tenrura e o humor dos monicreques convidan á reflexión persoal e colectiva sobre o poder de consentir. – Ola Sariña! Dásme un biquiño? – saúda a veciña – Non. – respondeulle Sara. – Pois que nena tan rabisaca! Este non é un espectáculo para quen pense...

Pan de Broa con Cris de Caldas e Miguel Froján en Ames

Narración oral con música en directo, obxectos e moita emoción que nos lembra que os contos, coma o pan, alimentan o corpo. Pan de broa é unha homenaxe aos ditos, cancións e contos que acompañan a infancia e permanecen na memoria das familias. Un espectáculo-obradoiro...

Pin It on Pinterest