Lingoretadas – Espazo Apego de Santiago

Un espazo moi aberto para pasalo ben, socializar e darlle á lingua. Podemos brincar, pintar, mover corpo ao son da música, cantar, xogar cos ditos, coas adiviñas, imaxinar… O principal é crearmos un contexto favorable ao galego. Para acudir só hai que anotarse antes...

Decembro en Compostela

Velaquí as propostas para o último mes do ano que rematarán coa Festa do Apego o 30 de decembro no Auditorio de Galicia. Coas miñas mans de Pablo Díaz Venres 2 de decembro, ás 17 e ás 18.15 h, no Espazo Apego Coas mans sinalamos, contamos, pintamos… comunicamos. Coas...

“Coas miñas mans” de Pablo Díaz

Coas mans sinalamos, contamos, pintamos… comunicamos. Coas cancións de Pablo Díaz poñémolas en acción e relacionámolas con  moitas destrezas e coñecementos que adquirimos na infancia…, e tamén nos divertimos. Dous pases do espectáculo para cativada entre 3 e 6 anos....

De aquí e de alá

Unha bolboreta remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais e embárcanos nunha viaxe arredor do mundo no que descubriremos lugares máxicos. Lydia Botana (Bolboreta) tráenos as súas historias e a súa música ao Espazo Apego para nenos e nenas a partir de 2...

“Son San” de Raquel Queizás

A Xan cústalle erguerse e non lle gusta tomar o almorzo san ata que proba unha nutritiva merenda e se sente moito mellor. Conto, monicreques con materiais de refugallo e sinxelas coreografías para bailar creado e conducido por Raquel Queizás. A inscrición estará...

Pin It on Pinterest