11/Dec/2026
O Apalpador e a Banda da Montaña volven a Ames para abrir o Nadal cargado de contos, cantos e agasallos máxicos nacidos na Serra do Courel. Recollerá as cartas que as nenas e os nenos lle queiran deixar. Tamén gozaremos da fantástica actuación de Cé Orquestra...
3/Dec/2026
Sesión de música, narración oral e danza habitada por un feixe de animais enCantados propios da tradición galega, europea e suramericana. Todos eles están dobremente enCantados: enCantados pola súa maxia e enCantados de cantar, bailar, contar e xogar coas crianzas....
28/Nov/2026
O soño de Mariña é ser patroa, e durante sete días consecutivos dedicarase a superar probas para acadar o obxectivo de levar o seu propio temón. Un espectáculo teatral interactivo con música en directo e moito humor que nos mergulla na vida mariñeira sucando os mares...
20/Nov/2026
Obradoiro de confección de instrumentos de música de raíz con materiais naturais. As crianzas, xunto coas familias, confeccionan 6 instrumentos moi sinxelos. É unha actividade didáctica onde, amais de faceren de luthiers, cantaremos e aprenderemos a tocar estes...
6/Nov/2026
Narración oral con música orixinal, cancións con retrousos pegañentos, coreografías participativas e moita retranca. Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativada dun xeito fresco, visual e cheo de maxia. Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro,...