MARTES

Contos no parque/ Marta Ortiz. “Coser e cantar” (+4 anos)

6 de setembro. 18 h ESPAZO APEGO

Con fío, agulla e dedal enfíame un conto xa! Comezamos a viaxe nun taller de costura, un lugar máxico aos ollos da nena protagonista que escoita contos, copas, cancións en boca da súa avoa, nai e tía mentres traballan. Contos tan antigos como o oficio da costura. Puntada a puntada percorreremos mundos onde os fíos falan, as caixas de costura abren as portas da fantasía e os bastidores de bordar son ventás onde asomarse a historias prohibidas.

Inscrición (Estará aberta ata as 12 h do mesmo día e confirmarase por correo electrónico).

Tardes de contos

O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros, que alguén nos conta, que inventamos….

Os martes 13, 20 e 27, con dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h. No Espazo Apego

Inscrición Tarde de contos 13/09/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 13/09/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 20/09/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 20/09/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 27/09/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 27/09/2022 18.15 h (3-6 anos)

 

 MÉRCORES

Armadanzas

21 de setembro ás 18 h no ESPAZO APEGO

Un obradoiro de baile que actualiza e teatraliza a tradición. Unha achega á transmisión do legado inmaterial entre as diversas xeracións que nos fará interactuar, bailar, xogar e cantar.

COLABORACIÓN DO PROGRAMA TECEREDES DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA DE GALICIA

Inscrición

 

Tardes xogantinas

Que vai ser se non é xogar?

Os mércores de 17.30 a 19 h, as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “liberárense” e quedar sen papás nin mamás para pasalo moi ben. No Espazo Apego

Inscrición Tardes xogantinas 07/09/2022

Inscrición Tardes xogantinas 14/09/2022

O 21 de setembro non teremos Tardes xogantinas para acoller o obradoiro Armadanzas

Inscrición Tardes xogantinas 28/09/2022

 

XOVES

 

Lingoretadas

Un xoves si e un xoves non falamos, cantamos… e dámoslle á lingua sen parar.

Para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, ás 17.30 h. No Espazo Apego

Inscrición Lingoretadas 8/09/2022

Inscrición Lingoretadas 22/09/2022

 

Obradoiro de dioramas con Mirari Urruzola de Títeres Babaluva

15 de setembro de 18 a 19.30 h no Espazo Apego

Artes visuais, literatura, teatro, música… para construír e contar unha historia.

Neste obradoiro acompañaremos a cativada proporcionándolle materiais e respectando os seus tempos e a súa diversidade para que liberen o imaxinario. Coas súas creacións darán forma á historia que representen ao remate.

Para nenos e nenas de 4 a 6 anos (15 prazas).

Inscrición para o obradoiro de dioramas

 

Maxia divertida co Mago Paco

29 de setembro ás 18 h no Espazo Apego

Fantasía, gargalladas, participacón e moita imaxinación. O Mago Paco volve visitarnos, esta vez para nenas e nenos de 5 e 6 anos.

Inscrición Maxia Divertida

Pin It on Pinterest

Share This