cartel_semana-libro-lectura-2018_adat_webMulleres de conto é o título da XIII Semana do libro e a lectura de Carballo, unha iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e do Concello de Carballo que se celebrará no Pazo da Cultura do 23 ao 27 de abril.

Programa completo da Semana do Libro e a Lectura de Carballo 2018, en .pdf, aquí

Coa muller e a loita pola igualdade como protagonistas, durante eses cinco días desenvolveranse, en horario de mañá, de 9.30 a 14.00, as actividades para a promoción da lectura concertadas cos seis centros da vila de educación infantil e primaria máis o CRA Ponte da Pedra e o CPR Artai e o CEIP Canosa-Rus, e en horario de tarde, desde as 18.00, as actividades abertas para todo o público, de entrada libre.

Ademais poderán visitarse tres exposicións permanentes: a do material cedido por Kalandraka, a dos traballos realizados polos/as escolares carballeses/as e dos libros que prestan as editoriais colaboradoras (Kalandraka, Baía, Cumio, Galaxia, OQO e Xerais). O amplo e divertido programa inclúe teatro, obradoiros de debuxo e de stop motion, espectáculos de maxia, música, contacontos, regueifa ou expresión corporal, e compañías e artistas como Pérez & Fernández, Migallas Teatro, Ángeles Alvariño, Polo correo do vento, David Méndez, Alba María, Cris de Caldas, Ceo Aberto, Nova Xestión Cultural, Lucecús Teatro, Eli Ríos, Pablo Díaz, Sole Felloza ou Fátima Villameá.

Entre alumnado participante, visitas concertadas e público en xeral, a Semana involucrará a preto de 3.000 persoas.

 

TARDES DE CONTOS, MÚSICA E MAXIA

De luns a venres ás 18:00 horas. Para público familiar. Con entrada libre e de balde ata completar aforo

 

LUNS 23
TIC TAC TOC concerto de Pablo Díaz

Música pop-rock-folk para a xente miúda, os temas máis divertidos do último traballo “TIC TAC TOC” e tamén un pequeno repaso dos temas máis emblemáticos dos anteriores traballos “TIC TAC” e “TOC TOC”

MARTES 24
A VOLTA AO MUNDO con Sole Felloza, contadora e actriz

Se  os pés piden camiño, non queda outra que deixarlles ir. Laia e Salaia sábeno moi ben. O mundo existe cando o contamos.

MÉRCORES  25
REVOLUCIÓN EN VERSO, co CEIP Fogar, e MAXIA DE AQUÍ E DE ACOLÁ co mago David Méndez

Maxia de aquí e de acolá é o resultado dunha mestura entre maxia, comedia e improvisación, onde a participación do público está presente en todo momento.

XOVES 26
Eu conto, ti contas… ELAS contan. Cris de Caldas

Conxugaremos o verbo contar entre todos e todas para recordar os contos escritos por mulleres, ilustrados por mulleres, con mulleres de conto. Contos con, de e sobre mulleres. Porque contamos todos! E elas tamén.

VENRES 27
TIRANDO DO FÍO
con Fátima Villameá

Un convite a tirar dos fíos das historias. Algunhas delas levan no mundo centos de anos e outras un pouco menos, algunhas viaxan de boca a orella e outras habitan nos libros das bibliotecas. Se queres descubrilas deberás tirar do fío.

Programa completo da Semana do Libro e a Lectura de Carballo 2018, en .pdf, aquí

Pin It on Pinterest

Share This