No mes de setembro, no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 – entresollado), seguiremos todas as tardes de martes a venres co horario habitual, na procura de establecer rutinas de participación e lecer en galego.

As propostas ofrecen un tempiño de lecer no que gozar cos contos, a música ou o xogo, á vez que xeran un contexto favorable para conectar coa lingua.

E, como cada mes, incluímos na nosa folla de calendario unha idea para aproveitar os recursos que nos ofrece Compostela. Podedes descargala aquí.

Resumo de actividades:

MARTES. TARDES DE CONTOS (de 0 a 6 anos). Ás 17.30 h

Contos de calquera das maneiras posibles para achegar a cativada á literatura oral e escrita.

Inscrición para o 7 de setembro

Inscrición para o 14 de setembro

Inscrición para o 21 de setembro

Inscrición para o 28 de setembro

 

MÉRCORES. XOGOS DE PALABRAS (de 3 a 6 anos). Ás 17.30 h

As palabras son moitas veces a chave do xogo, sérvennos para establecer as normas, animar, interactuar… Imos poñelo en práctica con ditos e cancións para entreternos, coñecérmonos mellor e relacionarnos.

Inscrición para o 1 de setembro

Inscrición para o 8 de setembro

Inscrición para o 15 de setembro

Inscrición para o 22 de setembro

Inscrición para o 29 de setembro

 

XOVES DE FUNCIÓN. Ás 17.30 h

  • 16 de setembro “Nano canta croac” con Raquel Queizás (de 1 a 4 anos).  Atopar as palabras para expresar como nos sentimos ás veces non é doado. Nano canta croac cando está contento, pero hoxe está moi calado. Que lle pasará á nosa ra favorita?
  • 30 de setembro “Brinca vai!” con Paco Nogueiras (a partir de 3 anos). Volvemos atoparnos con Paco e a súa querida Máquina para facer esa divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións con base na amizade, nos libros, na ecoloxía, nas festas do ano…

 

XOVES. ENREDANDO (de 2 a 6 anos) Ás 17.30 h

Espazo de entretemento activo no que se promove a socialización e a expresión (verbal, xestual, corporal) manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes… os xoves que non temos función:

Inscrición para o 2 de setembro

Inscrición para o 9 de setembro

Inscrición para o 23 de setembro

 

VENRES. OBRADOIROS PARA MEDRAR (familias con crianzas ata os 6 anos). Ás 17.30 h

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

“Reflexionamos sobre pautas para a crianza”

Os venres deste mes falaremos sobre o marco xeral de crianza e a concreción en cada familia a través dos diferentes estilos.

Para as nenas e nenos:

  • 3 de setembro “Construímos a nosa casiña”
  • 10 de setembro “Xogamos con caixas”
  • 17 de setembro “Construímos un cadro con tapas”
  • 24 de setembro “Pintamos con kétchup”

A inscrición das familias para os obradoiros é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

________________________________

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa.

O acceso aos formularios de inscrición atópase en cada apartado desta nova e tamén na sección de actividades das webs apego.gal e delingua.gal (onde se irán publicando semana a semana).  O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior a cada actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.

 

Pin It on Pinterest

Share This