O vindeiro xoves, día 31, ás 18:00 horas, no auditorio municipal de Ponteareas, a cativada de Ponteareas poderá gozar do espectáculo Que animaliño é?, de Trémola Teatro.
A narración oral e a música farán que as nenas e nenos poidan coñecer moitos animais e moitas máis cousas…
Destinado a cativada de 6 meses a 5 anos.
Para poder asistir, é necesario facer a reserva en lingua@ponteareas.gal ou no teléfono 986640000, extensión 1010