Xuño vén cargadiño de actividades para nenos e nenas, moitas delas dentro da Semana do Libro de Compostela (SELIC), unha boa ocasión entre o 1 e o 10 de xuño para ver as novidades editoriais e gozar en familia da literatura, dos libros.

Especificamenete para os máis cativos, desde Lingua organizamos dúas quedadas na segunda parte do mes:

  • Cantacontos de Pablo Díaz, o xoves 21 no Centro Cívico do Ensanche.
  • O xogo de Nano de Raquel Queizás, o mércores 27 no mesmo CC do Ensanche

Como sempre, podedes atopar toda a información sobre inscricións, prazos, lugares e demais en apego.santiagodecompostela.gal

E botade un ollo tamén a como preparar algunha das moitas excursións que agardan este mes!

 

 

Pin It on Pinterest

Share This