O Concello de Ames presenta a súa programación infantil con Apego para pasar os vindeiros meses con música, contos e maxia, para podermos socializar e gozar en galego.

A programación está pensada para un público familiar, con especial incidencia nas familias con crianzas dos 0 aos 6 anos, e ten como un dos seus obxectivos contribuír á socialización en galego durante a infancia.

No seguinte enlace poderás descargar a programación completa con información sobre cada unha das actividades, o público ao que van dirixidas, o lugar onde se realizarán e os prazos de inscrición:

Programación con Apego de Ames – Outono 2020

A asistencia a todas as actividades require dunha inscrición previa, que se fará enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

No caso de que a situación sanitaria impedise a celebración presencial, parta das actividades realizaríase virtualmente seguindo o mesmo procedemento de inscrición.

Pin It on Pinterest

Share This