Neste mes de san Xoán, emprendemos a recta final do curso escolar e dámoslle a benvida ao verán no Espazo Apego.
Como “por San Xoán a sardiña molla o pan”, o primeiro e o terceiro luns deste mes elaboraremos unhas receitas que saben a festa, como a coca de san Xoán ou os boliños. E no cuarto luns, teremos un obradoiro sensorial con froitas diversas.
Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cargadiñas de cantos e contos da man de Fanny medioambiente o día 4 e Catoxo o 19.
Todas as actividades propostas requiren inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior recibiredes un correo coa confirmación da praza, cando remate o prazo para inscribirvos.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 1. Merendolas
Luns 8. Movéndonos con Apego
Luns 15. Merendolas
Luns 22. Experimentamos
Luns 29. Obradoiro sensorial con froitas diversas
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 2
Martes 9
Martes 16
Martes 23
Martes 30
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
Mércores 3. Xogamos coas palabras
Mércores 10. Fabricamos xoguetes
Mércores 17. Imos ao patio
Tachán!
Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 4. “Xogando a reciclar”, de Fanny Medioambiente (de 3 a 6 anos)
Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público… Neste espectáculo didáctico, en chave de humor, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe. Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ao seu novo e torpe axudante tódolos segredos da separación de residuos e para iso contará coa axuda do público. ).
Xoves 25. “Levántate Xan”, de Caxoto (de 0 a 3 anos)
É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar para que o Sol apareza detrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta… Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?