“Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra”

Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego.

Este mes teremos dous espazos Merendolas: o primeiro luns deste mes elaboraremos o doce máis coñecido de Compostela, a torta de Santiago, e no terceiro prepararemos un menú de pícnic. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas especiais para os e as máis pequechas da casa: Iván Dávila o día 2 e Raquel Queizás o 16.

Todas as actividades propostas requiren inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior recibiredes un correo coa confirmación da praza, cando remate o prazo para inscribirvos

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 6. Merendolas

Inscrición

Luns 13. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 20. Merendolas

Inscrición

Luns 27. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 7                                                                                                         

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 14

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 21

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 28

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 1. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 8. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 15. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 22. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 29. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 2. “Que mundo é este”, de Iván Dávila (de 0 a 3 anos)

Contos para os máis cativos e cativas onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea..

Inscrición

Xoves 16. “Romaría. Contos e lendas da nosa terra”, de Raquel Queizás (de 3 a 6 anos)

Un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces e rapazas, descubríndolles un modo de vida descoñecido.

Inscrición

Pin It on Pinterest

Share This