Na Coruña témoslle Apego á lingua!!

Seguimos coas nosas actividades presenciais no Centro Ágora para familias con crianzas!

Velaquí a programación para a primavera de 2023:

Martes 28 de febreiro, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de xaneiro, ás 10.00 h

Corochas, coscas ou cóxegas: sensación que experimentamos cando nos tocan algunhas partes do corpo e que       se manifesta nun riso involuntario. Contos, cancións, xogos…

Martes 7 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 3 de marzo, ás 10.00 h

Os obxectos e a palabra farannos viaxar a través do mundo animal. Traballaremos sobre a diversidade e a importancia de compartir coas demais persoas os afectos.

 “Fíos do foto-wpquerer”, de Cé Orquestra Pantasma  (-3 anos)

Martes 14 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 10 de marzo, ás 10.00 h

Tecendo coas agullas máxicas dos aloumiños e primeiras experiencias compartidas medrou Fíos do querer, envoltorio agarimoso para xogar e cantar coas crianzas de colo.

Martes 21 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 17 de marzo, ás 10.00 h

A casa é o símbolo do colo amoroso que nos acolle nos primeiros anos de vida, que nos arrola, abraza e protexe. O centro do mundo na primeira infancia con portas, ventás…

Martes 28 de marzo, dous pases: 17.00 e 18.30 h (40 min)

Inscrición: a partir do venres 24 de marzo, ás 10.00 h

Teatro e música para explorar os sentidos. Brincaremos coa imaxinación recreando animais con obxectos, o mar con teas ou medusas con paraugas.

Martes 11 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do mércores 5 de abril, ás 10.00 h

Melodías tradicionais para aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce ao arrolar bebés e transmitírmoslles o apego á nosa lingua e música.

Martes 18 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (50 min)

Inscrición: a partir do venres 14 de abril, ás 10.00 h

Contaconto ilustrado e musicado e obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive na Coruña, aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida.

Venres 28 de abril, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 21 de abril, ás 10.00 h

Fábula sobre iniciación á astronomía de observación, o ceo nocturno, as estrelas… Lectura do libro, proxección e obradoiro de colaxe con Mariaxe Colaxe.

Martes 9 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 5 de abril, ás 10.00 h

A feira máis pequena do mundo onde nada se vende e as sementes se trocan por un conto, unha canción ou unha adiviña. Monicreques con fabas, garavanzos e centeo.

Martes 30 de maio, dous pases: 17.00 e 18.30 h (60 min)

Inscrición: a partir do venres 26 de maio, ás 10.00 h

Buscaremos recursos sonoros para o conto de monicreques “Garavanciña e o esquío”. Crearemos os sons con voces, instrumentos, chapas e obxectos cotiáns.

Mércores 7 de xuño, dous pases: 17.00 e 18.30 h (45 min)

Inscrición: a partir do venres 2 de xuño, ás 10.00 h

A natureza esperta para encherse de cores. Atoparemos agocho e cantaremos para sermos parte da paisaxe na que a choiva é importante para que todo medre.

Precísase só a inscrición da crianza que o día da actividade estará sempre acompañada por unha persoa adulta. Pídese puntualidade.

 

Folleto actividades Apego A Coruña

Pin It on Pinterest

Share This