O outono está preto e Ames xa ten lista a programación infantil para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Nestes vindeiros meses, as familias con nenas e nenos poderán participar nunha ampla e variada oferta lúdica para todas as idades que lles achegará recursos para unha crianza en galego, positiva e creativa. Pódese consultar o programa completo e información detallada sobre cada actividade premendo nesta ligazón.

Entre as variadas propostas podemos atopar actividades vinculadas co xogo libre e sen sobreestímulos, coa música, co cine, coa tradición oral, cos contos, coa maxia… que pretenden estimular o coñecemento e o amor polo noso patrimonio cultural e lingüístico.

Cé Orquestra Pantasma, A Banda do Verán, Arkhé espazo creativo, Migallas Teatro, Peter Punk, Lydia Botana, Vero Rilo & Sonsoles Penadique, Paco Nogueiras, Danzacontos e Anxo Moure, xunto cos contos na biblioteca e os festivais de maxia e cine infantil encherán os vindeiros meses de fantasía e ilusión da man dos departamentos de Cultura, Bibliotecas e Normalización Lingüística.

Pin It on Pinterest

Share This