Unicornio Egua Ascension Polbo

Ata a Ascensión non quites o roupón e despois quita e pon. No mes da festa compostelá de maior arraigamento, ascenderemos desde a nosa cidade cara ao mundo enteiro! O primeiro luns deste mes elaboraremos un dos doces máis típicos das romarías e feiras, as roscas. E no terceiro luns, no Quen vén? teremos a Destino Noroeste e O Faiado de Nin con “Pequen@s Picheleir@s: brincando no tempo”, onde as crianzas coñecerán a historia da cidade desde a súa orixe. Unha viaxe no tempo chea de cor, xogo e moitas curiosidades.

No Tachán! deste mes, Cris de Caldas e Sonsoles Penadique traerannos cadanseu espectáculo protagonizado por mulleres: a avoa Mariña e Dorothé Schubarth, cuxo Cancioneiro Popular Galego é mostra fundamental da nosa tradición literaria oral, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; realizaremos unha actividade interxeracional cunha visita especial en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 5. Merendolas: Roscas

Inscrición

Luns 12. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 19. Quen vén? Destino Noroeste e O Faiado de Nin

Inscrición

Luns 26. Experimentamos

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en abril, a literatura galega) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 6                                                                                                            

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 13

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 20

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 27

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 7. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 14. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 21. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 28. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 8. “A avoa Mariña”, de Cris de Caldas (de 0 a 4 anos)

Parece un día calquera, pero por primeira vez o bebé ten que separarse da súa mamá. Queda ao coidado da avoa Mariña quen, entre contos e xogos, vai acompañando o paso do día. Chega á noite e o bebé precisa un arrolo para durmir. Lembrará algún a avoa Mariña?

Inscrición

Xoves 22. “O chintófano de Dorothé”, de Sonsoles Penadique (de 3 a 6 anos)

Un chintófano, un trebello, un aparello. Música, algún conto, moita diversión e o magnetófono con botóns máxicos.

Voltaremos a un pasado analóxico e máxico a través das músicas e experiencias atesouradas pola etnomúsicóloga Dorothé Schubarth. Coñeceremos a súa persoa, os seus libros e as informantes que tiveron a ben transmitirlle o seu saber sobre a cultura tradicional galega. Pero tranquilas! Non deixaremos atrás nin a Manxoliña nin a Vella da botella nin o tío Mateu nin a ave sutil a comer no perexil.

Inscrición

Pin It on Pinterest

Share This