Antes da Covid a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra tiña en marcha unha nova quenda de actividades dentro do programa Apego. A meirande parte dos obradoiros quedaron pendentes, polo que foron reprogramados para os meses de xuño e xullo, tal e como presentamos no novo programa que podedes descargar aquí. Cómpre inscribirse ás actividades en apuntate.pontevedra.gal.

As actividades están dirixidas a familias con nenas e nenos das idades indicadas en cada actividade:

Camiñada polo Gafos; para familias con nenas/os de 0 a 6 anos
Na procura das herbas de San Xoán, con Amancio Castro, membro de Vaipolorrío e profesor de ciencias naturais e educación ambiental
Excursión pola contorna do río Gafos até o muíño de Cabanas para coñecer e identificar as especies naturais e atopar as herbas de San Xoán.
Domingo 21 de xuño, de 10 h a 12 h no albergue de Peregrinos

Xogos na alameda; para familias con nenas/os de 0 a 6 anos
Vai de xogos, con Risotadas
Obradoiro na rúa para aprender e gozar dos xogos tradicionais, con e sen trebellos.
Venres 26 de xuño, entre as 17 h a as 19.30 h na alameda

Obradoiro de arrolos; para familias con nenas/os de 0 a 2 anos
Arrolos de Salitre, con Faia Díaz e Guillerme Fernández
Neste obradoiro aprenderemos as melodías tradicionais coas que arrolar aos bebés, transmitíndolles apego, lingua e música.
Mércores 1 de xullo, primeira sesión de 17.30 h a 18.30 h nos xardíns do Doutor Marescot
Mércores 1 de xullo, segunda sesión de 19 h a 20 h nos xardíns do Doutor Marescot

Obradoiro de cancións; para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos
Fíos do Querer, con Cé Orquestra Pantasma
Obradoiro para aprender cantigas, melodías e lingua a través dun espectáculo pensado para cantar, bailar e xogar en familia.
Xoves 9 de xullo, de 18.30 h a 19.15 h nos xardíns do Doutor Marescot

Saída á natureza; de 0 a 6 anos; ata 20 familias
Aprendendo a falar cos paxariños, con Ventos
Saída pola Illa do Covo para observar a natureza e aprender sobre a nosa contorna natural.
Mércores 15 de xullo, de 18.30 h a 20.30 h na ponte peonil de tirantes sobre o río Lérez

Pin It on Pinterest

Share This