PROGRAMA ADIADO POR MOR DA SITUACIÓN SANITARIA

Coa chegada do Entroido a Pontevedra comezamos coas actividades do programa Apego para os meses de febreiro, marzo, abril, maio e xuño. Abrimos cunha actividade dirixida ao profesorado de educación infantil, “Alí”, e continuamos con outra actividade de formación para as familias sobre a pedagoxía Pikler. Nesta edición Pontevedra aposta por unha programación que mesture a formación pedagóxica con obradoiros de recursos para as familias cos peques máis peques, con “Arrolos de salitre” e “Fíos do querer”, e actividades ao aire libre para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos. Esta primavera sairemos ás rúas de Pontevedra a xogar e percorreremos as zonas naturais da contorna para exploralas e aprender máis sobre a súa fauna, en “Aprendendo a falar cos paxariños”, e flora, en “Na procura das herbas de san Xoán”.

Podedes descargar aquí o programa completo!

Vémonos no Apego!

 

cartel-apego

Pin It on Pinterest

Share This