Que vos parece se os venres á tardiña nos reunimos en familia e pensamos en que imos comer durante a vindeira semana? Unha proposta para organizarmos o menú semanal é imprimirmos este cadro que podemos atopar na sección descargas, plastificalo e cubrilo cada semana cun rotulador borrable para podermos reutilizalo… Non esquezades facelo en galego!

Mostrámosvos como podería ser un menú de outono nunha das nosas casas… Este en concreto non ten máis afán que expor unha variedade de vocabulario que podedes tomar como referente para moitas outras receitas que fagades propias… animádesvos?

menu-semanal-cuberto

Pin It on Pinterest

Share This