pasatempoSe non queres perder ningunha das actividades do Apego no teu concello, é moi importante saberes que hora é! Mais xa non hai escusa: nunca foi tan doado aprenderes a mirar o reloxo: No arquivo anexo podedes descargar para imprimir o Pasatempo (Para saber o tempo), un xogo co que aprendermos dun xeito ameno as horas e o tempo. Só precisas unha caixa de DVD baleira, unhas follas e tempo para aprenderes o tempo!

Nesta outra imaxe (preme para ampliares ou descarga aquí en pdf) tes as instrucións para montar o teu Pasatempo (Para saberes o tempo)

titorial-dvd

Pin It on Pinterest

Share This