O Concello de Ferrol achega diferentes actividades do programa Apego, desde febreiro a abril, para despedirmos o inverno co moito  apego pola lingua, con música, contacontos e cantigas guiadas e animadas por Jara Ortiz, Trémola Teatro, Migallas Teatro, Raquel Queizás , Eduvia ou Caxoto. Lembrade que a entrada é  de balde e por orde de chegada, ata completar a capacidade do local cultural, agás en dúas actividades, as dos martes 18 e 25 de marzo de xuño, para as que cómpre inscrición previa no correo gnl@ferrol.es

Programa  Para rematar o inverno… tardes de Apego

Rosalía Cantareira, Jara Ortiz

 Martes 25 de febreiro 18,30 h,Capela C.C. Torrente Ballester

Público familiar. Crianzas maiores de 3 anos

A fada que non sabía ser fada, Trémola Teatro

 Martes 11 de marzo 18,30 h, Capela C.C. Torrente Ballester

Público familiar. Crianzas maiores de 3 anos

 

Contos do chupete, Migallas Teatro

Martes 18 de marzo 18,30 h, Antigo Hospicio

Público familiar. Crianzas de 0 a 3 anos.  Inscrición previa en gnl@ferrol.es Prazas limitadas

Cantando con raíz, Eduvía

Martes 25 de marzo 18,30 h, Antigo Hospicio

Público familiar. Crianzas de 1 a 3 anos.  Inscrición previa en gnl@ferrol.es Prazas limitadas

Raposadas, de Raquel Queizás

Martes 1 de abril, 18,30 h Capela do C.C. Torrente Ballester

Público familiar. Crianzas de 3 a 9  anos

Unha noite no muíño, Caxoto

Martes 8 de abril, 18,30 h Capela do C.C. Torrente Ballester

Público familiar. Crianzas de 4 a 10 anos.
Lembrade que a entrada é libre, por orde de chegada ata completar a capacidade do local cultural, agás en dúas actividades , as dos martes 18 e 25 de marzo de xuño, para a que cómpre inscrición previa no correo gnl@ferrol.es

 

Pin It on Pinterest

Share This