Este Nadal o Servizo de Normalización Lingüística e o Padroado de Cultura do Concello de Narón levaron  ás escolas infantís do municipio unha chea de panxoliñas e música tradicional.  O grupo de Canto e Pandeireta do Padroado de Cultura do Concello de Narón e o grupo de Canto e Pandeireta da Fundación Terra de Trasancos, tamén do Padroado de Cultura, obsequiaron a nenos e nenas das escolas infantís cunha extraordinaria actuación. Cantaron e tocaron unha chea de panxoliñas que fixeron que peques e profes o pasaran en grande.

Actuaron o xoves 17 de decembro nas escolas infantís da Solaina e A Gándara e o martes 22 nas escolas infantís de Piñeiros e Xuvia, e tendo en conta o ben que o pasaron tod@s e as panxoliñas que aprenderon, de seguro que os grupos de Canto e Pandeireta do Padroado de Cultura volverán moi pronto con novo repertorio.

web Apego Xuviaweb Apego piñeirosA Solaina Belénweb Apego AGándara

 

 

Pin It on Pinterest

Share This