Velaquí toda a programación do mes de outubro no Espazo Apego de Santiago.

É necesario inscribirse previamente ás actividades. O formularios para anotarse estarán abertos ata as 12 h do día anterior á actividade. Posteriormente enviaremos unha mensaxe ao correo indicado para confirmar a praza.


LUNS

Obradoiro para nais e pais sobre recursos educativos en galego

Taller práctico de tres horas dividido en dous días (10 e 24 de outubro) de 17.30 a 19 h, no Espazo Apego.

Para coñecer e experimentar materiais útiles para a crianza e a educación, cos que tratar diferentes temas, afrontar retos e pasar moi bos momentos.

Teremos monitoras na sala contigua con libros e xogos para entreter a cativada entre 3 e 6 anos que teña que acompañarvos. Os bebés poden estar convosco.

Inscrición Obradoiro de recursos 10 e 24 de outubro


MARTES

Tardes de contos

O tempo dedicado ás historias, grandes e pequenas, que saen dos libros, que alguén nos conta, que inventamos….

Os martes, con dúas opcións: para a xentiña máis pequena (0-3 anos) ás 17 h e para a non tan pequena (3 a 6 anos) ás 18.15 h. No Espazo Apego

Inscrición Tarde de contos 04/10/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 04/10/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 11/10/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 11/10/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 18/10/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 18/10/2022 18.15 h (3-6 anos)

Inscrición Tarde de contos 25/10/2022 17 h (0-3 anos)

Inscrición Tarde de contos 25/10/2022 18.15 h (3-6 anos)

 


MÉRCORES

 Tardes xogantinas

Que vai ser se non é xogar?

Os mércores de 17.30 a 19 h, as crianzas de 3 a 6 anos teñen unha ocasión de “liberárense” e quedar sen papás nin mamás para pasalo moi ben. No Espazo Apego

Inscrición Tardes xogantinas 05/10/2022

Inscrición Tardes xogantinas 19/10/2022

Inscrición Tardes xogantinas 26/10/2022 


XOVES

 “Toupiciencia” coa Xanela do Maxín

A Toupiña e o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten facer preguntas para aprender e avanzar.

Xoves 6 de outubro ás 18 h no Espazo Apego

Para nenos e nenas a partir de 3 anos.

Inscrición para Toupiciencia 06/10/2022

COLABORACIÓN DO PROGRAMA FALAREDES DA XUNTA DE GALICIA

 Lingoretadas

Falamos, cantamos, aprendemos as falas dos xogos… e dámoslle á lingua sen parar.

Para nenas e nenos entre 2 e 6 anos, ás 17.30 h. No Espazo Apego

Inscrición Lingoretadas 13/10/2022

Inscrición Lingoretadas  20/10/2022

“Zapatos” de Caramuxo Teatro

Que pasa con todos os zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan ao recuncho dun xardín fantásticas historias, as vivencias que traen unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos e darlles a benvida ao lugar onde van quedar e onde compartirán emocións coas belas bailarinas, o pequecho dos irmáns, os namorados, o sol e a nube, os centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

Xoves 27 de outubro. Ás 17 e ás 18.15 h no Espazo Apego

Para nenos e nenas de 1 a 4 anos

Inscrición para Zapatos o 27/10/2022 ás 17 h

Inscrición para Zapatos o 27/10/2022 ás 18.15 h

COLABORACIÓN DO PROGRAMA FALAREDES DA XUNTA DE GALICIA

 

 

Pin It on Pinterest

Share This