
Outono bonito, folliñas ao chan, castañas asadas, que ricas que están!
Este mes no espazo de Merendolas elaboraremos delicias co produto estrela do outono galego. Que será?
Continuamos coas Tardes de contos os martes e Enredando e lingoretando os mércores para as crianzas gozaren dun espazo de socialización na nosa lingua.
Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de contos con Xarope Tulú o día 8 e con Cris Collazo o 15.
Todas as actividades propostas requiren inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior recibirase un correo coa confirmación da praza xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Luns 5. Merendolas
Inscrición
Luns 19. Merendolas
Inscrición
Luns 26. Experimentamos
Inscrición
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en maio, por Compostela e o mundo) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 6
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 13
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 20
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 27
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.
Mércores 7. Xogamos coas palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 14. Fabricamos xoguetes
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 21. Imos ao patio
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 28. Xincana de palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Tachán!
Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 8. “Bichocas”, de Xarope Tulú (de 0 a 3 anos) Inscrición
Un espectáculo onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. Coas protagonistas destas historias aprenderemos a importancia de sermos diversas e a posibilidade de compartir os afectos.
Entre os obxectivos de Bichocas están estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, favorecer a socialización en galego na primeira infancia e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.
Xoves 15. “Alquimista”, de Cris de Caldas (de 3 a 6 anos) Inscrición

Entre pocións, plantas e libros moran acubilladas as nosas protagonistas: Flora, Dauro e a Gata Simoniña! Foron aprendices do Mago Merlín na máxica e mítica selva de Esmelle e alí, usando procedementos experimentais e mesturas explosivas, practican a chamada ALQUIMIA MODERNA!
A Don Merlín non lle facía moita graza estas prácticas tan modernas pero elas continuaron cos seus procesos ata conseguir fabricar o SUPERCONVERTEDOR! Un aparello que converte cousas fake en cacharros de verdade que realmente molan!