Xa está lista a programación do Apego para este outono en Pontevedra.
Entre o 18 de novembro e o 16 de decembro, as nenas e nenos de Pontevedra, en compañía das súas familias, poderán gozar dunha ampla variedade de actividades que lles achegarán recursos e espazos para medrar e socializar en galego.
Camiñadas polo centro histórico da nosa cidade, obradoiros de títeres con Babaluva, sesións músicais con Luís Prego e Samuel Soto, identificación de árbores con Ventos, contos con Lydia Botana e Fabaloba, e ata creación de adornos para as árbores de Nadal en plena natureza.
Hai ben onde escoller para encher este outono de Apego e lingua!
Podes consultar aquí toda a información sobre as actividades!