Este outono temos preparada unha chea de actividades dirixidas ás familias con crianzas de 0 a 6 anos e tamén a profesionais da educación infantil. Estas xornadas teñen como obxectivo achegarlles ás familias recursos que axuden a mellorar e enriquecer a lingua que falan na casa cos seus descendentes.

As propostas ofrecidas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense son as seguintes:
Os nenos e as nenas e a lingua, unha oportunidade. O escritor e director do SNL da Universidade de Santiago, Manuel Núñez Singala, daranos as claves para analizar, dun xeito ameno e positivo, a importancia de medrar en contacto co galego. Está dirixida a público adulto.
Ruth Caramés de Fabaloba, daranos unha chea de recursos para a crianza en galego e tamén nos descubrirá o poder que teñen os contos como ferramenta de aprendizaxe.
E para rematarmos, Gloria Mosquera e Diego Maceiras de MamáCabra, aprenderannos a transmitir o gusto pola música cun obradoiro de arrolos.
cartel-xornadas-apego-ourense-final-rrss-01-3
As actividades desenvolveranse na Sala Apego do Auditorio municipal, ás 18.00horas os días 18, 22, 25 e 27 de novembro.
Todas as actividades son gratuítas, pero con prazas limitadas polo que haberá que inscribirse no teléfono 988391290 ou ben a través do correo electrónico normalizacionlinguistica@ourense.es.

Pin It on Pinterest

Share This