Comeza unha nova quenda de actividades do Apego no Concello de Ferrol o vindeiro día 22 de outubro  ata o 17 de decembro.  Os domingos de outubro e decembro así como os martes de novembro  poderemos participar nun amplo conxunto de actividades lúdicas  no marco do programa Apego, pola vida  e pola lingua.

Na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal)

22 de outubro, ás  12.00 horas As parábolas de Pakolas, con Paco Cerdeira 

29 de outubro, ás 12.00 horas, Orella Pendella, de Migallas Teatro

26 de novembro, ás 12.00 h Contos para bebés, de Pavis Pavós.

3 de decembro, ás 12.00 h, Baila Roque baila, de Baobab Teatro

10 de decembro, ás 12.00 h,Fíos do Querer, de Cé Orquestra Pantasma

17 de decembro , ás 12.00 h,  Imos cantar o Nadal de Xandobela

Entrada de balde, por orde de chegada, ata completar as entradas. Apertura das portas 30 min antes da hora de comezo.

No Antigo Hospicio (rúa Méndez Núñez)

Martes de novembro,  7,14, 21 e 28, de 17.30 a 19.30,   Obradoiro para aprender a contar contos

 Había unha vez…  de Fabaloba

Inscrición no enderezo electrónico: gnl@ferrol.es

 

 

Pin It on Pinterest

Share This