Maquetación 1Maquetación 1Maquetación 1

O Concello de Narón acaba de publicar uns crebacabezas para aprender de forma lúdica os nomes dalgunhas profesións.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón quere  contribuír, dentro do programa Apego, ao incremento de recursos e materiais en galego para mellorar a socialización nesta lingua dos máis pequenos. Podedes atopar permanentemente todos os crebacabezas nos descargables e imprimibles do Apego.

Que profesións podemos atopar? Un mariñeiro, unha granxeira, un mestre, unha bombeira, un enfermeiro, unha doutora, un albanel e unha enxeñeira, cun deseño espectacular realizado por Leandro Lamas e con diferentes niveis de dificultade.

 

 

Pin It on Pinterest

Share This