71198635_1500042233467014_747880533538635776_n

Un ano máis, o outono énchese de programación familiar nos centros socioculturais composteláns cos 12 Doces do Outono. Durante 4 domingos poderemos gozar de 12 espectáculos en 12 espazos. Cada domingo autumnal ofrecerá 3 actividades directamente dirixidas á infancia que serán o 27 de outubro e o 3, 10 e 17 de novembro.

Os centros socioculturais, tanto do ámbito urbano como da zona rural, que reciben este ano os doces do outono serán Conxo, Romaño, Nemenzo, Castiñeiriño, A Rocha, Laraño, As Fontiñas, Grixoa, Vite, Santa Marta, Bornais e O Ensanche.

Títeres, narración, música e teatro configuran unha programación que responde a tres eixes temáticos: o coñecemento do patrimonio oral, o teatro reivindicativo do respecto ao medio natural e o compromiso coa igualdade.

Ao remate das representacións, en cada un dos centros haberá unha degustación gastronómica co fin de dar a coñecer as receitas que se poden elaborar cos produtos típicos do outono como a cabaza, o marmelo, as castañas ou as peras.

A entrada será sempre libre ata completar a capacidade dos espazos.

Pódese atopar toda a información na sección actividades desta páxina  ou no propio cartel de programación. Préstavos?

Pin It on Pinterest

Share This