O galego é un recurso poderoso, pero sobre todo é un agasallo colectivo fermosísimo que as nosas crianzas teñen dereito a recibir e que lles axudará a abrir as portas do futuro.

No Día Internacional da infancia publicamos unha Historia de Apego, a de Ben e Ánxela, unha historia real dunha familia que forma parte do Programa Apego do Concello de Ames e que pode servir de referente para que outras familias reflexionen sobre a importancia de non privar as crianzas do dereito de aprender, do dereito de medrar felices, libres e orgullosas de quen son, coa certeza de teren unha lingua que as conecta coas raíces e que lles abre as portas do futuro.

Gozádea e compartídea!

Desde o Concello de Ames queremos agradecerlles a Ánxela Costas Caride e a Benxamín Trillo Díaz que compartisen con nós a súa historia e a Siradella Films que nos axudasen a poñela en imaxes.

Historias de Apego é un novo espazo que pretende darlles voz ás experiencias na transmisión da lingua e compartilas coa intención de que vos sexan de utilidade e vos dean azos nesta gran aventura da crianza en galego. Se queredes mostrar a vosa propia, só vos tedes que poñer en contacto co concello de referencia!

 

Pin It on Pinterest

Share This