Esta primavera traemos unha nova quenda de actividades a Pontevedra.
Estivemos xogando aos xogos presentados á primeira edición de Somos Xogo, o concurso de xogos de mesa en galego de Xandobela, e tamén aprendendo a crear e expresarnos e coñecendo as cancións das panadeiras con Babaluva.
Despois de Semana Santa comezará o ciclo xogantín con Xandobela, e teremos tardes de xogos ata xuño! Ademais, faremos foliada en familia, tarde de arrolos con Migallas e para despedir a primavera xogaremos a identificar as herbas máxicas para o cacho de San Xoán!
Podes descargar a programación completa aquí.
Para todas as actividades cómpre inscrición nesta ligazón.