NOVAS
Rechouchíos de marzo e abril en Moaña
...E co mes de marzo chegan os chíos do paxariño que nos trae actividades infantís de teatro, monicreques, narración oral, moito humor e espectáculos musicais con música en directo. Un espazo no que as familias podedes compartir o apego pola nosa lingua abrindo ben as orellas e movendo os beizos para cantar, sorrir, aloumiñar... ler máis
Programación de marzo no Espazo Apego de Santiago de Compostela
Arredor do Día Internacional das Mulleres e lembrando tamén o pasado Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia, durante este mes de marzo as actividades do Espazo Apego compostelán centraranse na igualdade entre mulleres e homes: "As mulleres sostemos a metade do ceo" (Xohana Torres). ler máis
As nosas tradicións en Narón
As nosas tradicións é unha iniciativa que busca mostrarlles, ás familias das escolas infantís municipais de Narón, as tradicións galegas máis emblemáticas, e como as festexamos en Narón ler máis
Ames presenta a programación con Apego para o primeiro semestre de 2026
O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para a primeira metade de 2026, na que a música vai ter un papel relevante. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos ás familias que faciliten a transmisión da lingua e favorezan unha crianza positiva e con moito apego polo noso. ler máis
Programación de febreiro no Espazo Apego de Santiago de Compostela
Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego compostelán somerxémonos de cheo na nosa cultura popular. ler máis
Febreiro con Apego en Pontevedra
Arrinca a programación do Apego do 2026 en Pontevedra cunha primeira quenda de oito actividades que se van desenvolver durante o mes de febreiro. Todas elas teñen como obxectivo arroupar a crianza en galego, achegarlles ás familias recursos e ferramentas que faciliten a transmisión e a activación da lingua no seo familiar, así como xerar espazos de socialización en galego! ler máis