curuxa

Hai novos materiais nos recursos descargables e imprimibles para xogar e movernos con moito xeito!

Unha colección de tarxetas coas que animar o movemento e aprender un monte de expresións e nomes de animais: di o touro Paco que chimpes un anaco, di o gato Martiño que movas o cuíño, di o carneiro Rafael que deas voltas coma un carrusel, di a ovella Adela que deas unha cambadela, di cabra Violeta que batas os brazos coma a bolboreta, di a gansa choca que andes a rastro coma unha miñoca, di Sabela, a raposa, que saltes á pata coxa

Podedes desacargalas, imprimilas, recortalas e usalas en canto se vos ocorra!

Pin It on Pinterest

Share This