Narón reinicia a súa programación de actividades para as familias do Apego con propostas para pasar unha tarde de lecer en familia adobiada con contos, teatro, cancións, tradición oral,… que ademais é esencial para axudar á socialización das nenas e nenos en lingua galega.

Nos meses de abril e maio o Apego traerá a Narón os seguintes espectáculos:

  • Cantando con raíz de Eduvía
  • Brincadeiras da lingua de Migallas
  • A galiña que pon ovos… de conto de Pedras de Papel
  • Manual para deitarse e durmir de Caxoto

Toda a información sobre estas actividades pódese consultar no apartado de actividades da web do Apego e será precisa inscrición previa para poder asistir.

imaxe

Pin It on Pinterest

Share This