A iniciativa As nosas tradicións, impulsada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, regresa ás escolas infantís municipais de Narón este mes de febreiro.

As nosas tradicións é unha iniciativa que busca  mostrarlles, ás familias das escolas infantís municipais de Narón, as tradicións galegas máis emblemáticas, e como as festexamos en Narón, así como algunhas das celebracións institucionais máis importantes para a nosa lingua e a nosa cultura como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía, o Día de Narón,… E tamén busca que as familias coñezan o Apego e os seus recursos, para que se animen a unirse ao proxecto.

Para acadar este obxectivo, o Servizo de Normalización Lingüística entrega ao longo do curso nas escolas infantís municipais da Solaina, Piñeiros e A Gándara, coincidindo coas principais celebracións culturais, uns libriños para as familias que inclúen información destas tradicións, curiosidades, lingua, recursos e como se viven en Narón.

Entre outubro e decembro de 2025 entregáronse Tradicións no outono, que fala do Magosto, o Samaín e a esfolla; o Día de Narón e o Nadal; e este mes de febreiro tócalle  a Febreiro bertoeiro, que inclúe información e curiosidades sobre a Candeloria, o Entroido e o Día de Rosalía, tradicións que se celebran neste mes.

Ademais, tamén se poden descargar estes folletos na web do Servizo de Normalización Lingüística www.naronengalego.gal

Máis info e descarga dos folletos: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#nosastradicions

portada-bertoeiroas-nosas-tradicions2

 

 

candeloria

 

Pin It on Pinterest

Share This